A nosa misión na escola de vela Mariña Coruña é facer que todos os nosos alumnos gocen navegando.
Máis aló de formar futuros campións, queremos inculcar o que para nós é máis importante, valores como o traballo en equipo, o respecto, a responsabilidade, a humildade e o coidado polo que nos dá vida: o océano.
Aprende cos campións
O noso embaixador “Chuny” (Roberto Bermúdez de Castro) ademais de representar a elite da vela internacional con, entre moitas outras, unha Volvo Ocean Race no seu peto, é o director de Mariña Coruña e das nosas escolas de vela e navegación.
Dispoñemos dun lugar idílico para iniciarse e progresar na aprendizaxe da vela.
Condicións inmellorables: a nosa ría recibe todo tipo de ventos e, cando estes son intensos, o dique de abrigo ofrece adecuado resgardo.
Unha ría da que xa saíron varios campións e que está custodiada pola Torre de Hércules, o faro romano activo máis antigo do mundo.
Contamos con barcos do tipo FI550, unha embarcación de 5.50 metros de eslora que pode navegar ata 16 nós de vento.
Fáciles de manexar e perfectos para progresar neste deporte.
este no se ve
GRUPOS
- Junior: de 8 a 17 años.
- Adultos: 18 años ou máis.
- Vela en familia: posibilidade de realizar grupo en familia, independentemente da edade.
- Vela con amigos: posibilidade de realizar grupo cos teus amigos, independentemente dos grupos de edade.
* Para nós menos é máis, e coa finalidade de garantir a calidade da aprendizaxe establecemos un máximo de 4 persoas/barco.
NIVEIS
- Bautismo de mar: 1 día de duración (xornada de 3 horas na que se coñecen todos os principios básicos e de seguridade para iniciarse na vela).
- Iniciación I
- Iniciación II
- Perfeccionamento I
* A determinación dos niveis é establecida polos nosos monitores titulados.
MODALIDADES E HORARIOS
- Escola de vela (horario de mañá): 10.00h a 14.00h
*De luns a venres (mañá e tarde). Sábado e domingo (mañá).
REQUISITOS
- Ter 7 años ou máis.
- Saber nadar.
TARIFAS E BONOS
Dispoñemos de tarifas axustadas así como de bonos adaptados a calquera situación.
INSCRIPCIÓNS E INFORMACIÓN
Chámanos ao teléfono 881 920 482 de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 ou contacta desde o noso formulario.
Campamento Iniciación a Vela tempada vacacións escolares
Vela, windsurf, talleres de nós.
A licenza RFGV é obrigatoria para todos os participantes de calquera actividade. Licenza anual 16€ (necesaria para cursos de máis de 15 horas) non incluído no prezo. Licenza semanal 6€.